XUNTA, MESA DE DEBATE

XUNTA DE GALICIA: MESA DE DEBATE

La Xunta de Galicia recoge hoy en su página institucional la mesa de debate a celebrar como actividad complementaria de la exposición Vibraciones prohibidas, que se puede contemplar en el Centro Galego de Arte Contemporánea entre el 16 de noviembre de 2012 y el 10 de marzo de 2013. Este es su texto:

“A Consellería de Cultura e Educación trae a Kiko Veneno ao CGAC no marco da exposición Vibracións prohibidas

O Centro Galego de Arte Contemporánea acolle mañá a proxección dun documental sobre a censura na obra deste autor e a mesa redonda ‘Liberdade e creación musical’
Mér, 21/11/2012 – 12:33

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria proxectará este xoves no Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC) o documental Dame Veneno, sobre a censura na obra de Kiko Veneno durante o réxime franquista. No marco da exposición Vibracións prohibidas, que acolle este centro ata o 10 de marzo, a Consellería organiza esta actividade complementaria que traerá o músico ao auditorio do CGAC onde, ademais da proxección, se celebrará unha mesa redonda baixo o título Liberdade e creación musical: da censura política ás imposicións dos mercados?

O documental, que forma parte do programa do festival Cineuropa, exhibirase a partir das 20 horas. Ao remate, os participantes na mesa redonda analizarán os impedimentos actuais para a creación libre, afondando nos vellos e novos desafíos para acadar una panorama musical en liberdade. Ademais de Kiko Veneno, intervirán no debate a autora e directora institucional da área de Música da Fundación Autor, Mercedes Ferrer; o xornalista musical e comisario da exposición Vibracións Prohibidas, Xavier Valiño; e o tamén comisario da mostra, profesor na Universidade Complutense e experto en propiedade intelectual e música popular, Héctor Fouce.

Esta é unha das actividades complementarias da mostra, que se completarán cun ciclo de 14 películas da sección de documentais musicais do festival Cineuropa 2012, dedicada este ano aos artistas que foron censurados polo franquismo. Bob Dylan, Veneno, Roxy Music, Jimi Hendrix, James Brown, The Beach Boys, The Doors ou Paul Simon, entre outros, serán os protagonistas das proxeccións que acollerá o auditorio do CGAC nas vindeiras semanas.

Memoria da censura

Vibracións prohibidas recompila máis de 200 portadas de discos que foron censuradas polo réxime franquista durante os anos sesenta e setenta. A mostra conta, ademais, con documentación da época, coa proxección do documental Que vienen los Beatles, de Pedro Costa, e cunha selección de cancións censuradas que poderá escoitarse na sala de exposicións.

Xavier Valiño e Héctor Fouce son os comisarios desta exposición, na que se poden contemplar, entre outras curiosidades, modelos que desaparecen do encadre, traseiros de muller convertidos en partes traseiras de elefantes, espidos cubertos cunha sinxela roupa interior pintada á man, letras convertidas en garabatos para facelas irrecoñecibles ou discos con nomes como Sofía reconvertidos a Lucía para non ofender á futura raíña de España. Tamén se nos descobren cancións que apareceron publicadas con asubíos e aqueles discos que conseguiron sortear a acción do aparato censor, así como os que tiveron que ser editados no estranxeiro e introducidos clandestinamente en España”.

Y aquí el enlace para su consulta.

Xunta - logo

21-11-2012

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

guitarra, baix i bateria

el programa de ricky gil a ràdio silenci, cinquena temporada

Similar Rock, Similar Pop

Plagios musicales y parecidos razonables

VENENO EN DOSIS CAMUFLADAS

La censura en los discos de pop-rock durante el franquismo

LA CARA OCULTA DE LA LUNA

Las 50 portadas esenciales del rock

POLITICAL WORLD, Rebeldía desde las guitarras

No dejes que un mismo perro te muerda dos veces (Chuck Berry)

Viaje a la era soul

Espíritus en la oscuridad

A %d blogueros les gusta esto: