XUNTA

XUNTA DE GALICIA

La Xunta de Galicia recoge hoy en su página institucional la inauguración de la exposición Vibraciones prohibidas, que se puede contemplar en el Centro Galego de Arte Contemporánea entre el 16 de noviembre de 2012 y el 10 de marzo de 2013. Este es su texto:

«O CGAC acolle “Vibracións prohibidas”, centrada na censura musical no franquismo
A partir de hoxe poderanse ver no CGAG da Consellería de Cultura e Educación os discos censurados durante o franquismo e os partes dos censores
A exposición, que foi presentada hoxe polo secretario xeral de Cultura, acompáñase con actividades complementarias, como a proxección de películas no Festival Cineuropa, concertos en diferentes espazos de Santiago e conferencias
A inauguración de “Vibracións prohibidas” será esta tarde ás 20:00 horas
Ven, 16/11/2012 – 14:25
Anxo Lorenzo presentou a mostra, que acolle o CGAC

O Centro Galego de Arte Contemporánea da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria inaugura esta tarde a mostra inédita ‘Vibracións prohibidas’, unha recompilación de máis de 200 portadas de discos que foron censuradas polo réxime franquista durante os anos sesenta e setenta. A mostra, que foi presentada esta mañá en rolda de prensa polo secretario xeral Cultura, Anxo Lorenzo, conta, ademais, con documentación da época, coa proxección do documental “Que vienen los Beatles”, de Pedro Costa, e cunha selección de cancións censuradas que poderá escoitarse na sala de exposicións.

Xavier Valiño e Héctor Fouce son os comisarios desta mostra, que, xunto co director do CGAC, Miguel Von Hafe, tamén participaron na presentación desta mañá. Durante o acto, o secretario xeral de Cultura felicitou os responsables da proposta expositiva, “curiosa e verdadeiramente interesante, que nos vai permitir, por primeira vez, ver no CGAC a censura aplicada aos discos pop-rock durante o final da ditadura franquista”.

A tese doutoral de Xavier Valiño é a que dá orixe a esta exposición e mais ao libro “Veneno en dosis camufladas. La censura en los discos de pop-rock en el franquismo”, publicado tamén este ano pola Editorial Milenio.

Traballo de investigación

Logo de localizar e estudar por vez primeira os partes dos censores, e conseguir o seu testemuño, Xavier Valiño identificou as 4.343 cancións que estiveron vetadas como non radiables pola Dirección Xeral de Radiodifusión e Televisión ata a chegada da democracia, así como as 564 que foron posteriormente amnistiadas logo de seren sometidas a reconsideración. Ao mesmo tempo, analizou os comentarios dos censores da Dirección Xeral de Cultura Popular en boa parte das letras desas cancións. Tamén desvelou uns trescentos cartafoles (portadas, contraportadas, follas interiores, libretos, etiquetas) de discos que apareceron censurados, comparándoos co orixinal publicado noutros países para descubrir as diferenzas.

Entre as curiosidades que se poden contemplar hai modelos que desaparecen do encadre, traseiros de muller convertidos en partes traseiras de elefantes, espidos cubertos cunha sinxela roupa interior pintada á man, letras convertidas en garabatos para facelas irrecoñecibles ou discos con nomes como Sofía reconvertidos a Lucía para non ofender á futura raíña de España. Tamén se nos descobren cancións que apareceron publicadas con asubíos e aqueles discos que, por sorte ou por descoido, conseguiron sortear a acción do aparato censor, así como os que tiveron que ser editados no estranxeiro e introducidos clandestinamente en España.

Actividades complementarias

Vibracións Prohibidas é máis que unha exposición. A partir dos seus contidos, programaranse unha serie de actividades complementarias no ámbito musical e cinematográfico. A exposición vai acompañada dunha serie de actividades complementarias que contribúen a ese amplo achegamento social. O día 22 de novembro, ás 20:00 horas, vai ter lugar no auditorio do CGAC a mesa redonda “Liberdade e creación musical: da censura política ás imposicións dos mercados?”, na que participarán o músico Kiko Veneno e Mercedes Ferrer, autora e directora da área de Música da Fundación Autor, ademais dos comisarios da exposición.

Ese mesmo día presentarase o documental “Dame Veneno”, película na que se conta a historia da censura que sufriu o artista Kiko Veneno. Coincidindo coa exposición, o festival Cineuropa 2012 dedica a súa sección de documentais musicais aos artistas que foron censurados polo franquismo, para o que se programou un ciclo de 14 películas, que se proxectarán no auditorio do CGAC, sobre Bob Dylan, Veleno, Roxy Music, Jimi Hendrix, James Brown, The Beach Boys, The Doors ou Paul Simon, entre outros.

Y aquí el enlace para su consulta.

Xunta - logo

16-11-2012

Deja un comentario

LÍNEAS PARALELAS

50 portadas esenciales del rock

ULTRASÓNICA

Entrevistas musicales, artículos y comentarios de discos, libros y películas de Xavier Valiño

SIMILAR ROCK

Plagios musicales y parecidos razonables entre canciones

LA CARA OCULTA DE LA LUNA

Las 50 portadas esenciales del rock

POLITICAL WORLD, Rebeldía desde las guitarras

No dejes que un mismo perro te muerda dos veces (Chuck Berry)

Viaje a la era soul

Espíritus en la oscuridad